CERTAME VEDRUNA: A IMPORTANCIA DAS PEQUENAS COUSAS TEN PREMIO

    Na tarde de onte reuniuse o xurado do Certame literario Vedruna, formado por dous membros da ANPA e polo profesores e profesoras do Departamento de Lingua galega e castelá.

O tema desta edición foi "A importancia das pequenas cousas" e os nosos e as nosas participantes amosaron mediante os seus relatos, poemas ou contos aqueles pequenos encantos da vida que ás veces esquecemos que temos. 

Tras varias lecturas e profundizando nas leccións de vida que relataron os nosos pequenos e pequenas escritoras, o xurado tomou unha decisión.

Os gañadores foron:

LINGUA GALEGA: 

1º premio:                     MARTA GÓMEZ RALUY  - 3º ESO C

2º premio:                     LUCAS MONDARAY TRAVIESO - 2º ESO A

(Accésit Ex Aequo):     DAVID SALGADO GONZÁLEZ - 2º ESO C


LINGUA CASTELÁ:

1º premio:                     MARÍA GARCÍA CASARES - 3º ESO C

2º premio:                      ALBA ÁLVAREZ VISO -  3º ESO C

(Accésit Ex Aequo):      IAGO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ  - 1º ESO B


Parabéns aos gañadores e a todos os participantes por non deixar de lado a importancia das pequenas cousas.