XESTO DE PAZ 2021

 Quizais non hai concepto máis persoal que o da PAZ. 

Para cada un, a paz envolve un sentimento diferente e concreto, un estado de calma, a ausencia de perturbacións, unha despedida ou unha benvida.

Por iso, os alumnos de Secundaria e Bacharelato desfrutaron do seu momento de paz, de reflexión e meditación para poder definir o seu propio concepto de paz.

Como nos nosos camiños, buscamos hoxe un tempo de paz escoitando a voz dos nosos compañeiros e compañeiras.

Non esquezamos dar a PAZ.