TIME CAPSULE: PROXECTO ETWINNING DE BACHARELATO

Os alumnos de primeiro de Bacharelato están participando neste curso  nun proxecto de colaboración europea, no que participa o noso centro e alumnos da mesma idade de centros de Turquía, Italia, Francia, Romanía e Albania no curso 2020/2021. 

O obxectivo principal é que os estudantes sexan conscientes dos problemas do día a día como a contaminación, o cambio climático, o abuso, a discriminación, … E pensen como mellorar o futuro. 

Os alumnos escribirán unha carta, en lingua inglesa, ás xeracións futuras para que sexan conscientes deses problemas de actualidade e os preveñan para que non cometan os mesmos erros que eles xa cometeron. Meterán estas cartas nunha cápsula do tempo que abrirá a xeración que estea en 1º de Bacharelato en 2035. 

Como primeira actividade do proxecto, crearon un póster para representar esa cápsula do tempo: