DESCUBRINDO O SEGREDO DAS BURGAS CON ANDRÉS POMBO

 




Esta semana, xa rematados os exames, Andrés Pombo "visitounos virtualmente" para falar cos rapaces de 3º da ESO sobre  O segredo das Burgas, o seu primeiro libro.


O autor presentou aspectos da creación literaria así como a orixe da súa afección por escribir, libros que lle influíron, fontes empregadas para a documentación ... para dar protagonismo ás preguntas do alumnado que aproveitou a oportunidade lanzando unha chea de cuestións ao escritor.









Desexámosche moitísima sorte co teu próximo libro.