VOLTA GRADUADA 2020-2021, QUENDA DE 3º ESO

 Estes días estamos a vivir unha volta ás aulas diferente, de forma graduada e este xoves foron os alumnos de 3º de ESO os que volveron a Carmelitas.




Despois de varios meses sen poder estar no seu centro, o alumnado de 3º de ESO amosaba a súa alegría polo reencontro cos seus compañeiros, aínda que sexa con certa distancia física; a cal respectaron rigorosamente.




Non esquezamos que o distanciamento é tan só físico e non persoal, polo que estamos encantados de acollervos no día de hoxe e no resto do curso que temos por diante.

Benvidos de novo ao voso segundo fogar!