LETRAS GALEGAS CONFINADAS



Chegou maio e con el a homenaxe anual á nosa lingua.

Desta volta, toca celébralo dun xeito diferente pero non por iso, menos interesante.
Os nosos alumnos están a aproveitar as tecnoloxías para misturalas coa nosa cultura e tradición; é dicir, coa nosa lingua.

Comezamos co recoñecemento ao escritor homenaxeado este ano, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

Nos diferentes cursos imos descubrindo durante estas semanas as diversas facetas do escritor; polo que comezamos esta viaxe polas nosas letras co traballo  da nosa compañeira de 1 º eso Mª Victoria; que nos agasalla con este vídeo-presentación do autor.