PARA UNHA SITUACIÓN EXCEPCIONAL, MATERIAL EXCEPCIONAL!!



Fronte a situación que estamos a vivir estes días e para non caer no aburrimento, internet convértese  nunha fonte virtual inesgotable de recursos culturais.

Por iso queremos informar a toda a nosa comunidade educativa dunha serie de aportacións culturais de acceso libre de diferentes organismos.


Velaquí distintas opcións máis que interesantes para aproveitar nestes días:

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

Outras das opcións interesantes é a que proporciona o Consorcio editorial galego que contactou co noso centro para informarnos de que, grazas a solidariedade de moitos e moitas creadoras e editoriais, poden achegarnos unha serie de materias de balde para distintas idades e así facer máis levadía esta situación.

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/