CALDO DE GLORIA, LITERATURA E GASTRONOMÍA

Galicia non se pode entender sen Rosalía de Castro e a súa obra. Rosalía naceu fai 183 anos, un 24 de febreiro de 1837 e converteuse nunhas das figuras máis notables da cultura galega.

Aínda que a data xa pasou, quixemos conmemorar o Día de Rosalía (24 de febreiro) lembrando un dos seus poemas chamado “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre intenta sobrevivir día día. Este poema é coñecido porque nomea o Caldo de Gloria, o caldo dos humildes, o noso caldo. E, no comedor, serviron  este caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular.

Bo proveito!