TRADICIÓN, RESPECTO,... UN SENTIMENTO

A asociación A Pantalla ofreceu unha charla informativa aos alumnos de 3º e 4º de ESO transmitindo a tradición do Entroido de Xinzo de Limia e da súa gran protagonista; a Pantalla.

Alba Pazos, membro da asociación, informounos de todo o ciclo de Entroido da Limia. Dende o domingo Fareleiro ata o domingo de Piñata; cinco domingos cargados de tradición popular e cun gran valor cultural.
Ademais de todo o percorrido entroideiro, a nosa invitada Alba, detallounos todas as características do traxe da Pantalla, para que o noso alumnado coñecera a importancia do respecto pola tradición limiá.

Grazas pola vosa visita e a gozar do entroido ourensán!