ONCE UPON A TIME...

Unha vez rematados os exames, os alumnos de Pluribach de 1º de BACHARELATO presentaron os seus contos de Nadal interactivos aos alumnos de 1º a 4º de Educación Primaria.
Deste xeito, os alumnos misturaron as novas tecnoloxías coas súas habilidades lingüísticas para converterse en Storytellers por un día.

Tanto os alumnos de Bacharelato como os alumnos de Primaria gozaron dunha experiencia de convivencia, empregando a lingua inglesa como medio de comunicación.