VOZ NATURA: SENTIMOS A NATUREZA

Actividade final do proxecto Voz Natura

Nas primeiras tres horas da mañá, os alumnos de 1° ESO, que participan este ano no proxecto Voz Natura Corredor verde de insectos, realizaron unha saída ao Parque da zapatilla para realizar unha actividade sensorial.




A finalidade foi que os alumnos valorasen a importancia da natureza nas nosas vidas e polo tanto se involucren no seu coidado. 





Recibiron de agasallo diferentes plantas con flor comprometéndose a colócalas nas súas terrazas ou balcóns. Desta forma, poderán contribuír coa creación dun corredor verde de insectos en Ourense que axude á polinización das plantas dentro da cidade.