IV RECITAL DE POESÍA GALEGA

O pasado mércores celebramos o IV Recital de Poesía Galega, no cal tivemos unha gran participación.

Os nosos compañeiros amosaron as súas habilidades de expresión, memorización, dición,... pero o máis importante foi a paixón, o interese e respecto pola poesía galega de diferentes autores.

A través do recitado de poemas de Manuel María, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro,... puidemos sentir a realidade galega por medio da súa lírica.

Grazas pola vosa participación e en breve coñeceremos os gañadores.