ENCONTRO CO ESCRITOR HÉCTOR CAJARAVILLE

Esta mañá os alumnos de 1º de ESO do noso colexio tiveron a ocasión de compartir experiencias co escritor, gañador do Premio Merlín 2018, Héctor Cajaraville. O motivo da súa visita foi expoñerlle aos alumnos o proceso creativo do libro que leron nas aulas durante o segundo trimestre Quen dá a quenda?, finalista do Premio Merlín de 2015 e que captou o interese do alumnado dende o inicio da súa lectura, por ser una obra engaiolante chea de personaxes humanizados.

Hector Cajaraville hablando con los alumnos de Carmelitas Ourense

Na súa exposición contou que este foi o seu primeiro libro froito duhna morea de ideas que fora recopilando e aínda que nun principio se propuña traballalas por separado, ao final decidiu xuntalas nun mesmo libro. Para darlle unidade creou o personaxe da meiga Divina que será a que faga que encaixe tódalas historias.

Tamén lles contou que nesta obra descobre dalgún xeito como concibe el o mundo, poñendo en valor a solidariedade dentro do noso mundo real que quixo encarnar na meiga Divina. Esta personaxe representa a xenerosidade cos demais, que presta a súa axuda para resolver problemas e logo cando ela está en dificultades, recibe a recompensa dos demais prestándolle axuda, cada un dentro das súas posibilidades. ”Cando nos axudamos os demais tamén o van facer, a solidariedade é unha inversión”.

Hector Cajaraville respondiendo a las preguntas de los alumnos de Carmelitas Ourense

A súa vocación por escribir venlle de cando aos 11 anos comezou a ler moito e empezou a gustarlle a idea de poder escribir algún día un libro. Confirmoulles que se atopa moi a gusto escribindo literatura infantil porque durante o seu proceso de creación permítelle disfrutar máis das ferramentas ao seu alcance, coma o xogo de palabras presente no propio título do libro. Gústalle dipoñer de tempo e tranquilidade para escribir.

Antes de finalizar, os alumnos tiveron ocasión de facerlle diversas preguntas referentes a súa vida como escritor e as circustancias que lle afectan na súa relación co mundo editorial.

A visita rematou agasallando a cada un dos alumnos asistentes cunha dedicatoria personalizada nos propios exemplares.

Hector Cajaraville firmados los libros de los alumnos de Carmelitas Ourense

Hector Cajaraville firmados los libros de los alumnos de Carmelitas Ourense


Sen dúbida hoxe os alumnos disfrutaron con este encontró e coa súa simpatía e amabilidade.


Palabras adicadas os alumnos nos seus propios libros.