CONSTRUINDO UN REFUXIO PARA INSECTOS VOZ NATURA

2°fase do proxecto: Corredor verde de insectos, do programa Voz Natura que levan a cabo iste ano os alumnos de 1° ESO

Nas tres primeiras horas da mañá os alumnos de 1° ESO afondaron no estudio dos insectos e na súa importancia para favorecer a polinización. Construiron un refuxio para insectos que ten como función resgardalos das inclemencias meteorolóxicas e como lugar ideal para facer postas. Se o colocamos cerca das plantas que requiren os seus servicios aseguramos a súa polinización.