CONVOCAMOS EL XVII CERTAME LITERARIO VEDRUNA



Terá lugar o 13 de Febreiro na biblioteca do colexio de 9:30 a 11:30h. Alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO.


BASES DEL XVII CERTAME LITERARIO VEDRUNA


1º- Poderán participar os alumnos de 1º, 2º e 3º  ESO

2º- O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame.

3º- Concederase un primeiro e un segundo premio en cada lingua: dous premios en Lingua Castelá e dous en Lingua Galega, sempre que o xurado o estime oportuno.

4º- Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua
Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso.

5º- Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente legible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara.

6º- Os traballos realizaranse na Biblioteca do Colexio, en folios selados, o día 13 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h.

7º- Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante.

8º- Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido.

9º-O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da A. N.P.A.

10º- A decisión do xurado será dada a coñecer o día 26 de febreiro.

11º- A resolución do xurado, que poderá deixar deserto algún premio, será inapelable.