VISITA Á EXPOSICIÓN "ARTE PRIVADA EN OURENSE"














    





     


     O mércores, 16 de xaneiro, o alumnado de Historia da Arte de 2º Bacharelato tiveron a oportunidade de asistir a unha visita guiada pola exposición “Arte privada en Ourense” instalada na sala Marcos Valcárcel. Nela puideron facer un percorrido cronolóxico dos diferentes movementos artísticos desde o S.XVI ao S.XX  a través de  obras de diferentes autores tanto galegos, españois e internacionais. Tamén puideron amosar os seus coñecementos sobre as diferentes técnicas pictóricas e escultóricas que caracterizan cada un dos períodos artísticos alí expostos.