LEDICIA COSTAS VISITA O NOSO COLEXIO


Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015,  que leran no segundo trimestre.

A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.

Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, por ter compartido este tempo con nós!!