CERTAME LITERARIO XOGOS FLORAIS 2018

Co motivo das festas do colexio os días 26 e 27 de abril do 2018 convócase o noso certame literario.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

BASES:
1º- Poderán participar os alumnos / as de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
2º- O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame.
3º- Concederase un primeiro e un segundo premio en cada lingua: dous premios en Lingua Castelá e dous en Lingua Galega, sempre que o xurado o estime oportuno.
4º-Os traballos han ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, artigo de opinión,...) ou en verso.
5º- Presentaranse manuscritos, coa letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara.
6º- Os traballos elaboraranse na Biblioteca do Colexio, en follas seladas, o día 11 de abril, de 9: 30 h a 11:30 h.
7º- Asinaranse cun seudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante.
8º- Valorarase a beleza da forma e a riqueza do contido.
9º- O xurado estará composto por: o Mantedor dos Xogos Florais ou a persoa en quen delegue, profesores do Departamento de Lingua e Literatura e membros da A.N.P.A.
10º- A decisión do xurado será dada a coñecer o día 25 de abril, nun Acto Literario-Musical, que se celebrará no salón de actos do Colexio. 
11º- A resolución do xurado, que poderá deixar deserto algún premio, será inapelable.