Nerea Dorado premiada no certame literario Viaqua

Hoxe celebrouse no concello de Ourense a entrega de premios do Certame Literario “Relatos de auga intelixente” e a nosa alumna de 4º de ESO, Nerea Dorado Fariñas, tivo o pracer de recibir o segundo premio coa súa creación "Unha pinga de auga".

A súa composición foi unha das máis eloxiadas pola súa sensibilidade e compromiso polo medio ambiente.

Dende aquí felicitar á premiada polo seu fermoso traballo.